A Xunta de Galiza presenta a “Marca de Calidade Galega 100%”

A Xunta de Galiza presenta a “Marca de Calidade Galega 100%”

12 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Este sistema de identificación do leite premia e incentiva aos gandeiros que producen con maior calidade, e ofrece aos consumidores un “plus” de calidade e unha garantía de trazabilidade.

A iniciativa cumpre coa normativa comunitaria, a normativa nacional en materia de etiquetaxe dos alimentos e da letra “Q”, e de dúas normas autonómicas: O decreto polo que se creou o rexistro de explotacións gandeiras de calidade diferenciada e unha nova norma que regulará as mencións relativas á orixe galega na etiquetaxe dos produtos alimentarios. Así poderase perseguir cunha maior cobertura legal e seguridade xurídica, as practicas consistentes en utilizar a procedencia galega como un reclamo, en produtos onde non se demostra que as materias primas sexan galegas.

O Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), entidade que tamén colabora no proxecto, asumirá as labores de certificación de calidade dos produtos.

Institucional