Xunta e Goberno discuten no acto de inauguración dun tramo de autovía

Xunta e Goberno discuten no acto de inauguración dun tramo de autovía

09 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O ministro de Fomento, José Blanco, asistiu este sábado en Abadín (Lugo) á posta en servizo de dous tramos da autovía A-8, os que unen Abadín e Castromaior e Castromaior con Touzas. Así se abriron ao tráfico 10 novos quilómetros da vía, unha infraestrutura que o ministerio define como "clave" para a conexión de Galicia coas redes transeuropeas de transporte e a cornixa Cantábrica. O acto protocolario viuse salpicad

O conselleiro censurou que non se acaban de fixar con suficientes garantías os prazos para que as obras que faltan sexan unha realidade", ao que Blanco respondeu que ve de "mal gusto" ir a un acto "invitado e utilizar o atril para non falar da súa responsabilidade e para falar das cousas que fan os demais".

Hernández considerou que "non é normal que obras adxudicadas en 2007 non teñan data de remate", ao que o ministro replicó que hoxe se abren dous novos tramos da Autovía do Cantábrico, pero ao conselleiro parécelle pouco". "Isto é unha realidade, non son promesas que llas leva o vento nin plans que se concretan en nada", sentenciou o membro do executivo.

O ministro subliñou que "o Goberno de Aznar o único que fixo na provincia de Lugo foi pór unha pedra, e para iso tivo que alugar un terreo" en Ribadeo.

Hernández solicitou ao ministro de Fomento que dea o "impulso definitivo" á autovía do Cantábrico e que fixe o 2012 como "data final" para a posta en servizo desta infraestrutura.

O conselleiro lembrou que inicialmente as previsións apuntaban a 2008 como data final da obra, para despois pasar a 2011 e agora 2012. Existe, ao seu entender, "unha continua indeterminación que a ninguén beneficia". Así mesmo, apuntou que a A-8 está en servizo na súa totalidade no País Vasco; en Cantabria ten a maior parte do seu itinerario operativo e os asturianos poden circular polo tres cuartas partes do percorrido.

A metade en servizo

Con estas inauguracións, máis da metade da autovía atópase xa en servizo. Segundo o Goberno central, destináronse 56,3 millóns de euros ás obras de construción dos dous tramos.

O tramo Abadín-Castromaior consta de 3,9 quilómetros e conecta na súa orixe co percorrido Abadín-Carreira, actualmente en avanzada fase de execución de obras e no seu final co segundo tramo que entrou en servizo hoxe. Os 3,9 quilómetros discorren polo municipio de Abadín. As obras foron executadas pola construtora Copasa Obras e Servizos e supuxo un investimento de 22,8 millóns de euros.

O tramo Castromaior-Touzas ten 5,7 quilómetros e conecta na súa orixe co tramo Castromario-Abadín e no seu final co tramo en execución Vilalba-Touzas.

Sociedade