Xunta e traballadores apostan polo grupo de cooperativas liderado por Feiraco para mercar Clesa

Xunta e traballadores apostan polo grupo de cooperativas liderado por Feiraco para mercar Clesa

28 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Consellería de Industria amosou esta tarde o seu apoio á proposta do grupo de cooperativas galegas liderada por Feiraco para dar viabilidade á planta de Clesa en Caldas. O conselleiro Javier Guerra asegurou que o seu plan é o “máis solvente e realista desde o punto de vista técnico, económico e de mantemento do emprego”, e conta co amparo do comité de empresa. O grupo, composto por 11 cooperativas lácteas galegas, aportará u

O comité de empresa de Clesa tamén amosou a súa preferencia polo grupo de cooperativas liderado por Feiraco xa que, segundo a súa voceira, Dolores Ramos, mantería a totalidade do persoal e a marca. Os produtos elaborados na factoría de Caldas, que mesmo poderían ser incrementados coa chegada do novo propietario, venderíanse baixo a marca Clesa.

O grupo formado por Lácteos Tambre e Lácteos Deza, xunto a unha empresa rusa, son outros candidatos a facerse con Clesa. Serán os administradores concursais e o xuíz quen teñan a última palabra.

O persoal de Clesa en Caldas de Reis está integrado por 140 traballadores, dos que 25 aceptaron a prexubilación.

Institucional