A Xunta incrementa en 40.000 euros a subvención para as garderías de Narón

A Xunta incrementa en 40.000 euros a subvención para as garderías de Narón

03 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As tres garderías municipais do Concello de Narón recibirán este curso 40.000 euros máis de subvención que o ano pasado. Así o confirmou esta mañá a alcaldesa accidental de Narón, Ángeles Díaz Pardo, quen tamén dixo que por primeira vez a gardería da Gándara terá financiamento por parte do goberno galego. Increméntanse tamén, as partidas destinadas á axuda no fogar, en máis

A alcaldesa en funcións agradeceu na súa comparecenza o esforzo e o traballo realizado dende a Xunta de Galicia que, pese ós recortes orzamentarios, aumentou as partidas destinadas ó concello.

O Concello de Narón conta con tres escolas de educación infantil, A Solaina, Piñeiros e A Gándara. Ten previsto iniciar as obras de construcción da cuarta, con cargo aos fondos FEDER, próximamente. Actualmente atenden un cupo de 270 nenos, dende os 3 meses aos 3 anos, que se ampliará en 90 prazas máis co novo centro.

Por outra banda na parroquia de Xuvia iniciaráse mañá ás sete da tarde o alumeado de Nadal. O concello invirte este ano 60.000 euros nesta actividade da que tamén participan 10 asociacións de veciños do municipio e a comisión de festas de O Val. Como único requisito o consistorio sinalou o alumeado de baixo consumo e a lóxica temática navideña. O concello anunciou tamén a apertura do prazo para participar no concurso de belenes, no que haberá premios consistentes en bonos de 100, 75 e 50 euros.

Institucional