A Xunta mellora tres estradas en Rábade e Vilalba por valor de 4.700.000 euros

A Xunta mellora tres estradas en Rábade e Vilalba por valor de 4.700.000 euros

09 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Xunta de Galicia, a través da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, licitou o reforzo de dúas estradas en Vilalba e unha en Rábade por un total de 4.698.861 euros e un período de realización de 12 meses. Estas tres intervencións suporán o reforzo do firme das estradas LU -127, na súa variante de Rábade, LU-541 no tramo Rábade (A-6)-Vilalba (N-634), por valor de 3.293.161 €; e a LU-861 no treito de Vilalba, á

Estas actuacións, que se enmarcan nunha licitación conxunta de 11 obras viarias por un importe de máis de 25 millóns de euros (25.523.242 euros) para as provincias da Coruña e Lugo;  teñen como finalidade impulsar e potenciar á conservación das infraestruturas que forman parte da rede de estradas da Comunidade galega.

Outro dos seus obxectivos é mellorar a seguridade viaria dos usuarios destas estradas e facilitar unha condución segura e estable para os cidadáns. Neste senso, as obras consistirán na materialización de reforzos e rehabilitacións de firmes e de melloras de interseccións, co obxectivo de ordenar os tráficos e ademais de garantir unhas condicións de seguridade á hora de conducir.

Ademais, este tipo de actuacións forman parte dos proxectos e medidas do Goberno galego para fomentar a creación de emprego en Galicia, así como activar a actividade económica da Comunidade. Estas actuacións mobilizarán unha media de 450 empregos.

Sociedade