A Xunta non apoia o suficiente a vixiancia contra o furtivismo

Jorge López: "A Xunta non apoia o suficiente a vixiancia contra o furtivismo"
30 de Xaneiro, 2019 - 08:16 h. | Publicada por Radio Fene

A Xunta de Galicia non apoia o suficiente a vixiancia contra o furtivismo e o control biolóxico dos bancos marisqueiros da ría de Ferrol, segundo o patrón maior da confraría de Barallobre Jorge López Pena: "Os furtivos cambiaron de forma de operar, agora son buzos que se sumerxen e arrasan con todo"

ESCOITA O PODCAST:
Jorge López Pena, patrón maior da confraría de pescadores de Barallobre

A posta en funcionamento da depuradora de Punta Avarenta e a eliminación dos verquidos deixouse notar xa. As augas están máis claras a pesar de que no fondo da ría continuan grandes cantidades de lodos. Na actualidade forman parte da confraría unhas 180 persoas. A retirada dos espigóns das Pías para permitir a circulación de augas e a recuperación de zona agora mortas, é un dos seus proxectos. Ven con satisfacción o funcionamento da cetária instalada na confraria xa que lles permite abastecer de máis produto a restaurantes de Madrid e Barcelona. A ostra e o carneiro ou marolo son duas especies pouco coñecidas na zona pero que contan con gran futuro,segundo Jorge López Pena.

Sociedade

Publica o teu comentario agora