A Xunta persiste en que o Cabo Touriñán quede en mans de Pescanova

A Xunta persiste en que o Cabo Touriñán quede en mans de Pescanova

14 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) vén de lamentar que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non teña avaliado ningunha outra alternativa para o Cabo Touriñán nos documentos do Plan de Ordenación do Litoral (POL) e nas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), tendo en conta os seus valores naturais. O colectivo asegura que vén de saber que a Consellaría do

Segundo a FEG, esta redución amosaríase ante a opinión pública como un grande esforzo realizado. Esta mesma idea é a que pretenden trasladar a Europa, a raíz da admisión a trámite dunha investigación ante a Comisión de Peticións para determinar a vulneración ambiental que suporía a construción desta piscifactoría, aseguran. Non obstante, os ecoloxistas ven moi complicado que Xunta e Pescanova consigan convencer á Unión Europea desa sostibilidade.

Non obstante, segundo a información que coñeceu a FEG, as previsións da Xunta pasan por reducir a uns 250.000 metros cadrados os 300.000 inicialmente previstos, pero “o que realmente supón é trasladar a fronte da industria que mira ao mar uns metros cara o interior e liberar a franxa de dominio marítimo público terrestre”, afirma Alexandre Cendón.

A FEG considera que en relación cos efectos de protección deste contorno a incidencia negativa segue a ser a mesma: trátase do mesmo proxecto, co mesmo impacto ambiental e suporá a mesma deterioración para Touriñán que as iniciativas anteriores. Os ecoloxistas fan fincapé en que se trata dun “novo esforzo de maquillar un proxecto para vender diante da opinión pública unhas bondades imposibles de conciliar coa preservación deste espazo”. Afirman que a Xunta pretende aplacar a magnitude do impacto ambiental, e o efecto crítico que ocasionaría a construción da planta, vendendo “papel cargado de retórica” acompañada dunha interpretación demasiado morna das normas de avaliación ambiental.

Sociedade