A Xunta pide límites á dispoñibilidade da quenda de oficio

A Xunta pide límites á dispoñibilidade da quenda de oficio

17 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A asistencia xurídica gratuíta non pode estar a disposición daqueles que poidan pagarse un avogado. É outra demanda a prol da austeridade que reclama a Xunta do Goberno central, instándolle ao Ministerio de Xustiza a que revise a normativa ao respecto para alixeirar o gasto que ese dereito lle supón ás administracións que, como a galega, teñen transferidas as competencias na materia, explicou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.

Rueda mantivo unha xuntanza co decano do Colexio de Avogados de Santiago durante a que informou de que os adiamentos no pago aos profesionais das quendas de oficio estanse a resolver. As cantidades correspondentes ao terceiro trimestre do pasado ano estanse a liberar durante esta semana, afirmou Rueda, quen salientou que os atrasos reducíronse en máis dun mes respecto aos que se viñan producindo co goberno anterior. 

Institucional