A Xunta pide prórroga en Bruxelas

A Xunta pide prórroga en Bruxelas

05 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A conselleira do Mar, Rosa Quintana manterá o martes, 8 de febreiro, unha xuntanza coa Comisaria Europea de Pesca e Asuntos Marítimos, María Damanaki, na que unha vez máis defenderá a proposta de Galicia para a nova Política Pesqueira Común. Trasladarálle á comisaria as principais problemáticas e demandas da pesca galega no referente á redución de TAC´s e cotas, á moratoria para as zonas C, ao cambio de m&ea

No que se refire ao ámbito pesqueiro, entre os temas que Rosa Quintana trasladará á comisaria de primeira man, sobresae o descontento do sector do arrastre e da administración galega ante o descenso xeneralizado dos TAC´s e cotas, sobre todo de especies como a bacaladilla. A conselleira solicitará, para unha mellor xestión, diferenciar o stock de bacaladilla do norte, onde a maioría desta especie se destina a fariña de peixe,  e o do sur destinado ao consumo humano.

No eido do marisqueo, a titular de Mar reiterará a petición do establecemento dunha moratoria para as zonas C co obxectivo de poder comercializar en fresco moluscos bivalvos prodecentes destas zonas tras ser sometidos a un proceso de depuración intensiva. A preocupación polas consecuencias no sector mitilicultor polo cambio de método de referencia para a análise de biotoxinas será outro dos asuntos a expor. Neste sentido, Rosa Quintana trasladará directamente a María Damanaki a intención da Xunta de recurrir o regramento europeo polo que se establece este cambio do método de bioensaio polo químico.

A solicitude de redefininción dos fondos FEP para permitir que as grandes empresas poidan optar a estas axudas será outra das cuestións que a conselleira porá enriba da mesa. O obxectivo é impulsar o I+D+i no eido da acuicultura galega, tal e como marcan as directrices da UE. No ámbito da comercialización, a conselleira demandará distintos aspectos para a mellora dos controis hixiénico-sanitarios para evitar que entren no mercado produtos de dubidosa trazabilidade. Outra das preocupacións nas que insistirá Rosa Quintana ante María Damanaki, é a da situación existente no Índico Occidental ante a ampliación do radio de acción dos piratas.

Mesa sobre a PPC

Durante a súa viaxe en Bruxelas a conselleira do Mar estará acompañada do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, e ademais de reunirse coa comisaria europea de Pesca, o martes tamén participará na mesa redonda sobre o futuro da Política Pesquera Común, co título Un réxime específico para a pesca artesanal e o marisqueo na UE. A mesa, organizada pola Fundación Galicia Europa, en colaboración coa Consellería do Mar, estará moderada pola presidenta da comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga, e nela tamén participarán a directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, Lowri Evans, o presidente da Federación Galega de Confrarías, Benito González e un representante do sector do marisqueo.

Sociedade