A Xunta publica o decreto que forzará aos pacientes da Mariña a tratarse en Lugo

A Xunta publica o decreto que forzará aos pacientes da Mariña a tratarse en Lugo

05 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Compromiso incumprido. Primeiro foron as promesas e logo as escusas, mais finalmente a Xunta vén de adoptar a decisión que temían decenas de miles de veciños da comarca lucense da Mariña. A través do Diario Oficial de Galicia, o Goberno galego decretou hoxe a subordinación do Hospital da Costa de Burela ao centro sanitario da capital provincial, o Hospital Universitario Lucus Augusti. Así as cousas, e malia as teimudas negativas anteriores, o Sergas de

A plataforma de afectados lamenta “a incomprensión, ausencia de cordura e desprezo polos intereses da cidadanía dos alcaldes e alcaldesas do Partido Popular na Mariña que preferiron poñerse do lado dos ditados do partido no canto de facelo ao lado dos intereses xerais daqueles que os colocaron nos seus postos”.

A través dun comunicado, o colectivo cidadán afirma que “a decisión da Consellaría de Sanidade e o presidente da Xunta para deixar sen competencias propias na xestión da sanidade pública a comarca era unha decisión tomada e só a contestación social atrasou a súa execución”. Ademais, e en referencia aos facultativos do Hospital da Costa, “alégrase de que haxa quen agora se sume ás súas teses”. Dende a Plataforma da Mariña sosteñen que “agora toca remar todos e todas na mesma dirección para derrogar este decreto e traballar para que A Mariña conte cunha xestión integrada propia que agrupe sanidade primaria e especializada xa que ten todas as características necesarias para que sexa así”.

Sociedade