A Xunta quere por en marcha unha marca de calidade para a horta en Galicia

A Xunta quere por en marcha unha marca de calidade para a horta en Galicia

31 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O motivo desta xuntanza foi reunir aos produtores deste subgrupo da agricultura imprescindible na alimentación e concibido como un sector estratéxico en Galicia co fin de poñer en marcha unha marca de calidade. A horta galega posúe criterios e aptitudes para conseguir un recoñecemento e, deste xeito,abrir mercados e fortalecer a imaxe e prestixio destes produtos. O titular do Medio Rural pediu aos representantes do sector apoio e traballo conxunto para chegar a ese selo de calidade que beneficiará a industria produtiva galega no seu conxunto.

Respecto á volta a rúa dos sindicatos agrarios, por mor do problema do sector lácteo, o conselleiro indicou que en Galicia o prezo do leite non está en niveis tan baixos coma o ano pasado nestas datas, e que neste verán non se produciu o baixón que se producira no verán pasado; pero que os prezos, por lóxica, deberían recuperarse bastante máis do que o teñen feito.

A Xunta observa que se debe incrementar a capacidade negociadora dos gandeiros, permitindo aos grupos e organizacións de produtores e gandeiros negociar conxuntamente coas industrias, obrigando a estas a recoller baixo contrato. Juárez indicou que hai un xogo perverso entre os axentes comerciais do sector que está prexudicando aos gandeiros e que hai que ser capaces de romper esa dinámica.

Sociedade