A Xunta recorta os salarios da Concertada

A Xunta recorta os salarios da Concertada

08 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

7000 traballadores do ensino concertado verán reducidos os seus conceptos salariais un 2’2% respecto ao 2012 como consecuencia da redución dos módulos de concertos realizada pola Xunta nos Orzamentos para 2013. Esta redución sumada ás efectuadas en 2011 e 2012 supón a perda dun 9’65% nos conceptos salariais dos traballadores do ensino concertado en Galicia. Así o denuncia Fete-UGT.

Os orzamentos Xerais do Estado manteñen os módulos de concertos previos oa recorte do 4’5%, contemplado como unha medida excepcional para o ano 2012. É dicir os módulos de concertos estatais de 2013 son os mesmos de 2011. En Galicia NON. En Galicia hai un recorte nos módulos de concertos en todos os niveis educativos, aínda que pode haber lixeiras diferenzas entre un nivel e outro.
Cómpre sinalar que a Xunta realizou unha modificación substancial nos módulos de concertos: as reducións realizadas no salario base trasládanse ao CRCA (Complemento Retributivo da Comunidade Autónoma) de xeito que se recupera a  cantidade  de 2010 para o salario base, pero o CRCA redúcese  nun 52%.
Os conceptos salariais dos traballadores diminuiron un 5’8% respecto a 2011 e un 9’65% respecto a 2010.
A modo de exemplo indicar que un traballador de Educación Primaria gañará este ano  3.823,98€ menos que en 2010, e 731,3€ menos que en 2012 mentres que un traballador de ESO percibirá este ano  6.028,16€ menos que en 2010 e 1239,24€ menos que en 2012.

Sociedade