A Xunta tampouco comprende o porqué do ERE de Pascual en Lugo

A Xunta tampouco comprende o porqué do ERE de Pascual en Lugo

04 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Expediente de Regulación de Emprego aberto por Leche Pascual para a súa fábrica de Outeiro de Rei (Lugo) non se xustifica nin polas súas causas económicas, nin polas organizativas ou tecnolóxicas. Así o entende a Consellaría de Traballo dirixida por Beatriz Mato, que desbota as teses defendidas pola firma industrial para proceder á extinción dos 155 postos de traballo existentes na súa factoría galega e que tamén su

Agora, a Xunta demandaralle ao Ministerio de Traballo que solicite á empresa as contas auditadas dos últimos tres exercicios, unha documentación que até hoxe non se presentou. Ademais, o Goberno galego lémbralle a Pascual as axudas que lle concedera para a modernización da factoría lucense e que ascenden a preto de 8 millóns de euros desde o 2002, unha cifra á que hai que engadir aos 735.000 euros concedidos polo Igape na modalidade de incentivos rexionais.

Respecto á argumentación de Pascual da caída de ventas en 2008 para defender o ERE, desde a Xunta alégase que parte de esa redución veu motivada polo rexeitamento do mercado á gama de iogures, concretamente dos PMI e dos derivados de calcio. Así as cousas, a Administración autonómica considera que os despedimentos en Outeiro de Rei non están avalados, posto que estes produtos non se elaboran en Lugo, senón en Aranda.

O rexeitamento expresado pola Consellaría de Traballo coincide en varios puntos coas teses do avogado do comité de empresa de Outeiro de Rei, Alberte Rodríguez Feixóo. Este declaraba hai unhas xornadas que os traballadores lucenses saben de primeira man que Pascual o único que quere facer coa fábrica é unha operación mercantil que lle reportará 150 millóns de euros. Dende o primeiro momento, o avogado defendeu que non existía o fundamento xurídico preciso para que o ERE saíse adiante.

Sociedade