A Xunta xustifica a parálise do AVE

A Xunta xustifica a parálise do AVE

07 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Xunta apela ao caso “Campeón” para xustificar a paralise do AVE. Feijóo e Fernández defende agora que non se adxudique en funcións, pero o actual presidente resolveu contratos de autovías tras perder as eleccións do 2005. A polémica quéntase nas horas previas á inauguración da alta velocidade entre Ourense e A Coruña. O novo AVE funcionará xa desde o sábado poñendo a cidade das Burgas

Segundo salienta hoxe o xornal El Pais,  o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, vese obrigado a practicar un dificil equilibrio para confrontar as súas demandas coa realidade que impón o seu propio partido en Madrid. Os populares reclaman que o Ministerio de Fomento conxele as adxudicacións pendentes de 1.000 millóns na liña férrea. A Xunta amósase agora a favor da doctrina segundo a cal os gobernos en funcións deben frear tramitacións de obras.

Sociedade