Xuntas somos máis fortes

Xuntas somos máis fortes
09 de Marzo, 2019 - 07:13 h. | Publicada por Radio Culleredo

Neste oito de marzo, millóns de mulleres de todo o mundo protagonizaron unha folga feminista. Tamén en Galicia ocupáronse as cidades e as vilas para facer visibeis as demandas e as reivindicacións das mulleres. A forza colectiva ven marcada polo carácter transversal da protesta e pola coincidencia de distintas sensibilidades no seu apoio pero sen caer na instrumentalización.

 

 

 

 

 

 

 

 

8 de marzo de 2019

Segundo o manifesto das mulleres, "as nosas vidas seguen marcadas polas desigualdades, polas violencias machistas, pola precariedade, polas exclusións sociais e laborais e polo racismo". Afirman que "contra as reaccións patriarcais diante do avance das mulleres en defensa dos nosos dereitos, e enfronte dunha dereita e unha extrema dereita que situou ás mulleres, lesbianas e trans, e sobre todo ás inmigrantes, como obxectivo prioritario da súa ofensiva ultraliberal e patriarcal". Esixen políticas públicas, recursos e medios suficientes para todas no sistema de protección e recuperación enfronte das violencias machistas. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora