Xuntos pola calidade de vida, lema da Xornada que reune a 150 familiares de persoas con discapacidade intelectual

Xuntos pola calidade de vida, lema da Xornada que reune a 150 familiares de persoas con discapacidade intelectual

14 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As familias das persoas con discapacidade intelectual de Galicia celebraron esta mañá en Santiago de Compostela a súa Xornada Autonómica de Familias no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, nun encontro que foi inaugurado polo alcalde do concello de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, Susana López Abella, ademais de po

Durante toda a mañá, e logo do relatorio inicial a cargo de familiares de persoas con discapacidade intelectual baixo o nome de ‘A participación das familias de Galicia no Congreso Nacional de Valencia’, os presentes nesta xornada abordaron varios obradoiros con temas diversos: A iniciativa voluntaria de familias do CAMP de Zaragoza e do centro Ricardo Baró de ASPRONAGA (A Coruña); As alternativas de ocio das persoas con discapacidade intelectual; O servizo de vivenda como apoio á vida independente da asociación JUAN XXIII (Pontevedra); A atención sanitaria ás persoas con discapacidade: a colaboración  familias – profesionais, e O uso das novas tecnoloxías na educación das persoas con discapacidade.

Xa pola tarde, pecharase a xornada de traballo coa ponencia ‘Que é o Congreso de Toledo 10 e que papel xogan as familias’, coa que se quere animar á participación no proceso de reflexión no que todo o movemento asociativo FEAPS está inmerso dende comezos deste ano. Pola tarde, as conclusións dos obradoiros serán expostas no acto de clausura da xornada, momento no que intervirá o vicepresidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, Elías Palacio Verdini.  A XV Xornada Autonómica de Familias de Fademga Feaps Galicia foi subvencionada polo Ministerio de Sanidade e Política Social e contou coa colaboración de FEAPS, da Deputación da Coruña, da Consellería de Traballo e Benestar, e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

30 aniversario de FADEMGA FEAPS GALICIA

Esta edición da xornada de Familias de FADEMGA FEAPS GALICIA terá un toque moito máis emotivo que as anteriores, xa que este ano a federación galega conmemora o seu 30 aniversario, motivo polo cal o vicepresidente da entidade, Elías Palacio, fará un percorrido pola historia da federación, que terá lugar a partir das 18.00 horas da tarde, xusto antes de que se dez por concluída a Xornada deste ano

Sociedade