A xuventude, protagonista do último Consello da Xunta

A xuventude, protagonista do último Consello da Xunta

16 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Goberno galego ven de anunciar acordos en relación aos 530.000  mozos e mozas de Galicia, o 20% da poboación galega. Estes compromisos e plans implicarán a todas as consellerías e afectarán a todo o Goberno galego. Así o indicou esta mañá o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa comparecencia trala reunión do Consello.

A Xunta de Galicia rematou a configuración da nova oferta universitaria coa a adaptación de 481 graos ao Plan Boloña, o 97% do total, que estarán no Diario Oficial de Galicia e que se impartirán neste curso nas universidades galegas. Asemade, o Goberno galego aposta por unha terceira lingua e contratará a 213 novos auxiliares de conversa, que se unirán aos 40 xa existentes, conformando 260 nativos coñecedores de lingua estranxeira que axudaran a profesores, docentes e alumnos nas escolas de idiomas e nos centros educativos.  

O presidente anunciou tamén a Estratexia Xuventude 2013, cun investimento nos tres próximos anos de 900 millóns de euros, con máis de 240 medidas e coa primeira Lei de Xuventude. Esta estratexia terá nove eixos de actuación: educación, vivenda, mobilidade, participación, voluntariado, información e formación, saúde e deporte, e espírito empresarial e emprego. Feijóo indicou que este último, será o eixo central deste novo plan.

No que se refire ao plan de banda longa, destinaranse 154 millóns de euros á extensión de redes fixas a 316 núcleos rurais de máis de 100 habitantes que non teñen cobertura, e a garantir velocidades de conexión de 100mb a máis de medio millón de cidadáns que non viven nas cidades. Ambas iniciativas levaranse a cabo en asociación con Telefónica e a empresa R.

Sociedade