Xuventudes Socialistas e candidatos do PSdeG do Barbanza elaborarán políticas conxuntas para a mocidade

Xuventudes Socialistas e candidatos do PSdeG do Barbanza elaborarán políticas conxuntas para a mocidade

11 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Representantes das XSG de Boiro, A Pobra e Ribeira, xunto con mozos e mozas integrados nas candidaturas socialistas dos diferentes municipios da Agrupación Comarcal do Barbanza —que abarca dende Padrón ata Muros— reuníronse esta fin de semana para traballar e crear ideas conxuntas sobre políticas relacionadas coa mocidade, especialmente no eido do emprego, da cultura e o deporte.

Na reunión, promovida polo Coordinador Comarcal das XSG, Jorge Campaña, levouse a cabo un "brainstorming" de ideas para incluir medidas concretas que favorezan e defendan os intereses da xente nova de cada un destes municipios. Campaña informou sobre a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) en torno ao ocio nocturno que van presentar as Xuventudes Socialistas de Galicia no Parlamento. O apoio dende a comarca virá da man da recollida de firmas para que se poida facer efectiva. Asemade, outra das pretensións do grupo de mozos socialistas consiste no plantexamento do deseño do novo organigrama das XSG a nivel comarcal. Entre os asistentes atopábanse Jorge Campaña, Alina Fernández, Silvia G. Mirón e Adriana Castro, da Agrupación Municipal de XSG de Boiro; Josefa Hermo e Juan José Pérez Rodríguez, de Porto Do Son; Denís Pombar, Borja Paz, Alicia Quintáns, Manuel Gude García e Erica Real Graña, de A Pobra; e Deli García Mos, da Agrupación Municipal de XSG de Ribeira.

Sociedade