XXAA celebra un Encontro Nacional de Organizacións Rexionais

XXAA celebra un Encontro Nacional de Organizacións Rexionais

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Xóvenes Agricultores (X.X.A.A.) convocou un Encontro Nacional de Organizacións Rexionais de ASAJA en Santiago de Compostela para debater a complicada situación pola que atravesa o sector lácteo. Aso cumio asistirán delegacións de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e Castela-León.

Baixo po título “Propuestas de solución ante a situación láctea” os asistentes analizarán a grave situación que afecta aos gandeiros de leite, a crise da caída dos prezos, que se pode incrementar en 3 céntimos por litro, e a caída da produción nun 3% en relación a xaneiro de 2008.

Outra das cuestións que serán tidas en conta por ASAJA será a relación coas industrias lácteas, e a súa advertencia de deixar de recoller leite. Os reunidos poñerán en común as súas propostas para celebrar proximamente unha nova reunión coas demais organización agrarias e deseñar estratexias conxuntas. Ademais, ASAJA fará chegar á titular de Agricultura os acordos deste encontro compostelán, antes de que asista á reunión de ministros da Unión Europea a celebrar o vindeiro día 23 en Bruxelas.

Sociedade