Yolanda Castaño achégase ao público infantil na Feira do Libro de Ferrol

Yolanda Castaño achégase ao público infantil na Feira do Libro de Ferrol

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Cando eu saiba ler” é un libro de poesía para nenos. A última obra da escritora Yolanda Castaño conta con ilustracións de Xose Tomás e vai dirixida aos máis pequenos da casa aos que se pretende educar no gusto pola poesía.

Coincidindo coa inauguración da XX Feira do Libro, Yolanda Castaño presentou onte en Ferrol o seu novo libro, “Cando eu saiba ler”. O volume, publicado por Galaxia, supón a segunda incursión da escritora no mundo da poesía infantil.

“Cando eu saiba ler” é un libro de “poesía para escoitar, para ler en voz alta, para cantar e para engatusar, coas vogais de fondo”. Segundo a autora, con esta obra procúrase espertar o interese dos nenos pola lectura, amais de achegalos á natureza e aos animais. Outro dos obxectivos é atraelos cara o mundo da poesía para o que empregou unha rima moi definida e musical.


En declaración a Radiofusión, Yolanda Castaño recoñeceu que o público infantil é implacable se non gosta do que se lle ofrece, aínda que, se gosta, “é o máis agradecido”.

Sociedade