Yolanda Díaz sitúa ao desemprego coma o eixo central a afrontar dentro do programa de EU-IU

Yolanda Díaz sitúa ao desemprego coma o eixo central a afrontar dentro do programa de EU-IU

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A candidata de EU-IU á presidencia da Xunta, Yolanda Díaz, destacou hoxe a necesidade de incidir nos "terribles datos" do desemprego en Galicia "que xa chegou aos 201.000 parados", dos que máis do 55 por cento son mulleres. Neste senso, incidiu na importance de rachar co modelo económico “depredador” que mantivo o bipartito tras a época


Durante a presentación do seu programa electoral en Santiago de Compostela, Díaz destacou que o emprego será o eixo central das propostas de Esquerda Unida para a próxima lexilatura. A líder de EU lamentou a xestión dos últimos catro anos de Goberno na Xunta que “permitiu que o número de parados non baixase de 179.000 en tres años y medio"; que o 87 por cento de contratos "sexan temporais"; e a caída de 35.000 cotizantes da seguridade social. Por iso, acusou ao Executivo autonómico de carecer das medidas necesarias para solucionar esta situación. Asimesmo, sinalou a necesidade de incidir na identidade propia, a lingua e a simboloxía" como "responsabilidade da Administración pública" e criticou "o incumprimento programático" do BNG e o PSdeG neste ámbito "que provocou a decepción dos homes e mulleres de esquerdas”. A candidata de Esquerda Unida reivindicou o galego como lingua de país e a importancia de galeguizar as institucións, dentro do panorama plurinacional do Estado, polo que apelou aos “instrumentos necesarios” para "equiparar a oferta de galego coa do castelán”.

Sociedade