A zanfona a primeiro plano en Narón

A zanfona a primeiro plano en Narón

06 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O VII Encontro de Zanfona Tradicional, desenvolveráse en Narón  os días 18, 19 e 20 de marzo, organizado polo Centro Galego de Música Popular “ Central Folque” en colaboración co Padroado de Cultura de Narón, quen destina 10.000€ a financiar esta actividade.A actividade contará cun preludio o sábado 12 de marzo.

O Concello de Narón leva sete anos consecutivos organizando este evento, no que participan músicos de toda España. A Escola Municipal de Zanfona de Narón experimentou un aumento de matrículas neste curso 2010-2011, pasando de 11 a 24 alumnos na actualidade, tal e como informou o seu profesor, Oscar Fernández. O VII Encontro de Zanfona Contemporánea desenvolveráse no  Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón”, Pazo da Cultura de Narón, e parque temático do rural Aldea Nova (Sedes).

Os destinatarios deste encontro son os escolares de 6º de Educación Primaria dos colexios de Narón, os instrumentistas de zanfona de toda España, e a poboación en xeral que poden acudir ós concertos do día 18 de marzo no Café-Teatro do Pazo da Cultura. Pero as actividades comezarán xa o sábado 12 de marzo cunha actuación do alumnado da Escola de Zanfona de Narón no Centro comercial Odeón. O fin de semana do Encontro propiamente dito misturaránse as actuacións e os obradoiros a cargo de mestres da zanfona.

A continuación, detállase a relación de actividades do VII Encontro de Zanfona:

12 de Marzo:
   
17:00     Actuación do alumnado da Escola de Zanfona do Padroado da Cultura do Concello de Narón no Centro Comercial Odeón.A “A zanfona na Romería”

18 de Marzo:

11:00 a 13:00        Actividades didácticas para escolares de 6º de Educación Primaria dos colexios de Narón a cargo de Jaime Rebollo Villarino Luthier de Zanfonas e Pepa Yáñez , actriz e cantante.
    
18 de Marzo:

20:30      Concerto no Café –Teatro do pazo da Cultura a cargo de: Adriá Grandia (Catalunya), Combo Mariñeiro de Vilaxoán (Galiza), cun entre acto, concertó didáctico de Xan Manoel Aparicio sobre o Nikelharpa, instrumento a cabalo ente a zanfona e a viola.

19 de Marzo:

10:00 a 14:30    Curso Intensivo de Adriá Grandia en Aldea Nova
22:00         Palco Aberto:  Actuación de tódolos que queiran e con calquera instrumento.

20 de Marzo:

10:00 a 14:30     Curso Intensivo de Adriá Grandia en Aldea Nova

Cultura