Zona azul gratuíta

Fene incorporará o sistema de zonas azuis gratuitas para paliar os problemas de aparcamento
09 de Novembro, 2018 - 01:11 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene anunciou no espazo As Foxas de Radio Fene a recepción das sentecias favorables a PP e Somos Fene en todo o que rodeou a suspensión do pleno de presentación da Moción de Censura o 26 de outubro de 2017.

ESCOITA O PODCAST:

As Avdas Naturais de Fene e Marqués de Figueroa, así como a rúa do Concello disporán de zonas azuis, gratuítas pero con límite de tempo para axilizar o aparcamento nestes viais que concentran a maior parte dos servizos. Tamén se contemplan zonas de carga e descarca nos puntos máis necesarios. É unha das novas anunciadas polo alclade de Fene esta mañá no programa As Foxas. Gumersindo Galego adiantou que xa están traballando nos Orzamentos de 2019 que serán os primeiros, declarou, que non recollerán a amortización de préstamos, saldados polo seu goberno. Tamén estuda o goberno dos populares concretar a oferta pública de emprego, as prazas a cubir e as promocións internas. O POS de 2019 é outra das ocupacións de Galego porque o 20 de decembro deben presentarse as propostas á Deputación. A ampliación do cemiteiro municipal é unha prioridade.

Institucional

Publica o teu comentario agora