Capítulo 3. Os incurábeis

Xesús Novo fai no podcast Os incurábeis o papel de Cristo, o rexente do Santiagués, un local histórico dos Castros, pioneiro no alugar de novelas e cómics. A este home, que se chama tamén na realidade Xesús, todo o barrio chámalle Cristo polo seu aspecto de fillo da divindade, adquirido despois de media vida sen recortar un pelo da cara nin da cabeza. Cristo leva unha existencia rutineira, dende o seu negocio ata os bares dos arredores, onde toma entre dez e vinte cervexas diarias. Ata que unha noite, de súpeto, desaparece dos Castros, a barriada da que nunca sae. Onde se agocha Cristo? Por que desaparece? Por que algúns dos seus veciños din que mantiña unha relación moi especial con Paloma? Está ese feito relacionado coa súa desaparición?