Capítulo 5. Un home estraño. As prioridades da policía

25 de xullo de 1980. Fotografía: Xan Carballa

No medio da investigación polo asasinato do arquitecto Manuel Ferro, prodúcese un atraco nunha sucursal de Caixa Galicia da Coruña. Un dos catro atracadores asasinou a tiros un militar, xa xubilado, que tratou de resistirse. A policía quere darlle prioridade absoluta á resolución deste caso. O comisario ordena a todos os inspectores que se esquezan do que teñen  entre mans. Deben ocuparse tan só de localizar e capturar aos autores do atraco bancario e do asasinato do militar.