Capítulo V. O caso de Gustavo Gallego

Fotografía: Antón Ramos

De psiquiatría e literatura fálase neste capítulo.

Escoita o podcast:

http://173.255.131.18/audio/050620TIZON.mp3

O inspector Sánchez Pereiro investiga a aparición de dous cadáveres calcinados na praia do Matadoiro en plena noite de San Xoán, un dobre crime no que semella estar implicado Gustavo Gallego, un curmán do comisario, que encomenda ao inspector a busca do seu familiar desaparecido, un enfermo mental que dá toda a impresión de fuxir desesperadamente de algo. Axiña descobre que o fuxitivo, convertido nun perigo potencial debido á inmersión incontrolada na fase maníaca do trastorno bipolar que padece, viaxou a Madrid disposto a saldar contas con non se sabe quen. Pero o policía tan só toma conciencia da situación de risco que debe afrontar cando comproba que o curmán do comisario, tras apenas vinte e catro horas de estancia na capital, xa aparece implicado no asasinato de Fernández-Santos, un antigo profesor da facultade, e no suicidio de Roberto Domínguez, un vello compañeiro de pensión co que tamén compartiu experiencias, aínda non desveladas, case vinte anos atrás. E Sánchez Pereiro non só ve fundadas esas sospeitas senón que, co instinto policial que o caracteriza, intúe que outras vítimas poden incorporarse en calquera momento á lista macabra dos catro cadáveres atopados ata entón.