Lobos Doentes. Capítulo 53

O 17 de maio de 2004 un novo crime sorprende ao policía Pereiro. O cadáver está no hotel Finisterrae. “O primeiro que sentín foi unha ansia irrefreábel de vinganza”, afirma desesperado o comisario despois de comprobar quen era esta vez o asasinado. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/010223LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Eugenia Sanmartín e Franki Muíño.