Lobos Doentes. Capítulo 80

“Gozas, querido?”. O 23 de xuño de 2004, Olga domina a Ferreño. “Por un momento, pasoume pola cabeza esa outra práctica secular, a de tomarse a xustiza pola man, cal lobos e lobas doentes, unha práctica que aínda agora segue vixente, pero que, no caso das persoas poderosas, como Olga, a filla do todopoderoso don Pedro Souto Varela, pode realizarse con total impunidade”, reflexiona o policía Sánchez Pereiro. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/100323LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Dani García, locutor en Lobos Doentes.