Lobos Doentes. Capítulo 82

“Pasádeo ben, como nos vellos tempos, e recordade que tan só se vive unha vez... É a mellor habitación do hotel, non vos perdades na súa cama inmensa...”. Aquela noite do 15 de abril de 2010 semellaba perfecta para Sánchez Pereiro mais antes de compartir cama con Lucía recibe unha chamada que anuncia a aparición dun novo cadáver. “Era Ricardo, quen, cunha voz que non parecía a súa, moi semellante á entoada o 17 de abril de 2004, cando me anunciou o crime de María Silveira, me dixo agora, nesta madrugada do mesmo mes de seis anos despois, en plena resaca da festa da miña xubilación, que me pasase con urxencia pola praza de San Epitafio”. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/140323LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Helga Méndez e Franki Muíño.