Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 59

“Fala comigo xa morta” 

Esta semana, Gustavo, collín unha gripe que me está a matar, que me acabará matando, estou segura, o que non conseguiu a guerra, a fame e a miseria, tantos desgustos dolorosos e tantos partos sen comadroa, o que non conseguiu aquela terrible epidemia de 1918, que causou máis mortos no mundo ca toda a primeira guerra mundial, o que non conseguiron tantas pragas e calamidades vaino conseguir esta simple gripe, gripe parva, que collín a principios da semana e que me matará antes de que remate, hoxe mesmo, mañá, pasado ou pasado mañá, non me preguntes como o sei, pero seino, sei que me queda moi pouco tempo de vida, o suficiente pra gravarche as miñas últimas coplas neste aparato que me deixaches aquí, na miña cama, hai máis de catorce anos, e esta tarde, como tantas outras, vou tratar de explicarche o inexplicable, o que si che digo agora é, que se non me ves máis con vida, fala comigo xa morta, e que fale tamén a túa filla, a miña neta non nacida, 

Fotografía: XanXe