Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 60

Faltaban poucos minutos para as nove da mañá cando soou o meu móbil. Era meu pai, que me daba moi boas noticias desde Madrid. Xa localizara a Gustavo e, nese momento, estaban a punto de saír os dous xuntos da capital en dirección A Coruña, onde calculaba que chegarían sobre as dúas, a hora na que xa concertara unha cita co doutor Campiño para activar a medicación e decidir a dose de Zyprexa máis axeitada para cortar polo san a incipiente fase maníaca daquel paciente que o seu psiquiatra tan ben coñecía despois de tratalo durante os últimos vinte anos. 

Fotografía: XanXe