Madriña. "O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro". Capítulo 15

[...] os civís e os militares / fusilan en pelotón / legalizan a barbarie / civilizan o terror [...], 

...este febreiro, Gustavo, está a vir aínda máis triste ca de costume, e a tristura de Ramiro, teu pai, meu fillo, semella agora aínda máis fonda, máis cansada, máis calada, por moitos berros que desde os últimos días se escoitan na televisión, e non só berros senón tamén tiros, berros e tiros, tiros e berros, levamos toda a semana, toda a vida, toda a historia, escoitándoos, os mesmos berros, os mesmos tiros ca daquela, cando unha guerra, como tantas outras, como tantas veces, pasou por aquí..., 

Fotografía: XanXe