Os incurábeis. Capítulo 13

Nelu Vermouth fai o papel de Miñoca

Nelu fai o papel de Miñoca, que debe o seu alcume ás miñocas que comía de neno, non por unha enfermidade rara senón pola fame negra que aínda había na súa infancia. O inspector axiña descobre que o Miñoca come de balde en calquera bar do barrio, que o seu único tema de conversación é o fútbol e que tan só se excita coas mulleres de idade avanzada, entre as que Paloma ocupa o primeiro lugar. Con semellante filosofía da vida, non é de estrañar que a veciñanza, e o mesmo Estado, o tomen por tolo. Pero, é o Miñoca un tolo inofensivo, que de vez en cando mata gatos e gaivotas, ou é un tolo violento, perigoso, capaz de matar tamén persoas, como Paloma, a súa amante máis venerada?