Os incurábeis. Capítulo décimo

Elisabeth Naveiras fai o papel de Esther

Elisabet Naveiras fai de Esther, a irmá do Miñoca, que traballa no Niño da Pomba, e non ten reparo en confesarlle ao inspector que Paloma era unha xefa estupenda e unha moi boa muller, pero, tanto as súas empregadas como, incluso, Palmira, a súa filla, non se levaban demasiado ben con ela, por unha simple cuestión de celos. Unha palabra esta, a dos celos, a ter moi en conta para resolver con éxito a investigación policial.