O meu gran triunfo é seguir correndo

O meu gran triunfo é seguir correndo
12 de Xaneiro, 2021 - 12:34 h. | Publicada por Radio Fene

A atleta Paula Mayobre acompáñanos para falar dos seus retos deportivos e do triunfo que para ela supón seguir correndo aos 31 anos.

ESCOITA O PODCAST:

Ten talento e constancia para a práctica do Atletismo. Con 31 anos segue aí en primeira liña. Cando lle preguntamos de que está máis orgullosa cando mira atrás na súa carreira, Paula Mayobre contesta que o seu maior trunfo é permanecer tantos anos no atletismo, seguir na batalla e permanecer activa. “Moitas quedaron no camino”. E iso que podía escoller entre o seu espectacular curriculum. A última carreira foi a de San Silvestre Ares-Mugardos que normalmente corrían unhas 500 persoas e nesta ocasión acudiron os da súa Escola de Atletismo.

A vida deportiva e profesional de Paula Mayobre non escapou á pandemia e todo o ano 2020 quedou en "stand by", segundo as súas palabras. E o ano 2021 vai polo mesmo camiño. Hai datas dalgunha competición pero en calquera momento aprázanse. “Eu estou cómoda porque teño molestias dunha lesión e así dáme tempo a recuperarme” afirma. Os seus plans víronse trastocados por completo porque o ano 2020 viña cargado de proxectos , entre eles o campionato do Mundo e as Olimpíadas. “Foi un chasco para todo o mundo. Todos os obxectivos borráronse dun plumazo”. Os entrenamentos no confinamento, os calendarios inestables, fixeron que Paula optase por renunciar a todo.

Mayobre conserva intacto o soño olímpico, o que non quita que cada dia o vexa mais difícil despois deste parón. Vése na media-maratón de Tokio no mes de marzo e soña con París no 2024. Paula compaxina a súa dedicación deportiva co ensino na Escola de Atletismo que fundou no seu pobo de Ares no ano 2014 e que, despois da crise sanitaria, pretende reanudar a actividade neste mes de xaneiro porque é un deporte seguro, individual que se practica ao aire libre. O Centro de quiro masaxe na rúa Real de Ares completa a súa paixón polo deporte. Atende a deportistas de diferentes disciplinas pero tamén ao público en xeral. Cando lle pedimos un prognóstico sobre o Atletismo galego, Paula contesta que sae algunha perla pero cóntanse cos dedos dunha man. “É difícil vivir disto. Hai potencial nas categorías inferiores pero vanse perdendo no camiño … a Universidade, o traballo, son difíciles de compaxinar”. Recoñece que pasa en todo o Estado, non só en Galicia. “En cada xeración chegan dous ou tres”.

Deportes

Comentarios

Río 2016, Tokio 2021 , París 2024... en fin, el tiempo acaba poniendo a cada uno en su lugar.
Nome: 
Rodolfo

Publica o teu comentario agora