Juventino Trigo (BNG) elixido alcalde de Fene

Juventino Trigo (BNG) elixido alcalde de Fene
07 de Febreiro, 2020 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

“Fene precisa dunha rexeneración política, dun acordo plural e de esquerdas porque é un pobo traballador” afirmou esta mañá o novo alcalde Juventino Trigo (BNG). A moción de censura ao alcalde do PP  Gumersindo Galego saíu adiante co apoio dos seis edís do BNG, 2 do PSdG PSOE e 1 de Esquerda Unida. Votaron en contra os 6 concelleiros do Partido Popular. Ao pleno non asistiu unha das concelleiras asinantes da moción, a socialista Marta Pereiro.Tampouco o edil socialista Antón Noceda que non respaldara a iniciativa.

ESCOITA O PODCAST:

Pleno da Corporación de Fene:

http://173.255.131.18/audio/070220PLENO.mp3

Valoracións ao remate da sesión

Juventino Trigo (BNG)

http://173.255.131.18/audio/070220TRIGO.mp3

Gumersindo Galego (PP)

http://173.255.131.18/audio/070220GALEGO.mp3

Mar Piñeiro (PSdG PSOE)

http://173.255.131.18/audio/070220PINEIRO.mp3

Mari Carmen Martínez (EU)

http://173.255.131.18/audio/080220MARTINEZ.mp3

 

Juventino Trigo (BNG) elixido alcalde de Fene

Presidiu o pleno unha mesa de idade formada polas concelleiras Juana Barro e Tamara Miragaya.. A representante máis nova da Corporación Tamara Miragaya deu lectura ao texto da moción presentada. Os defensores da censura indicaron que "o goberno do Partido Popular foi incapaz de impulsar actividades e proxectos máis alá do que se viña facendo por inercia”. A mesa de idade constatou que a moción cumpre os requisitos legais e abriu o debate previo á votación.

O candidato á alcaldía Juventino Trigo acusou ao rexedor do Partido Popular Gumersindo Galego de ser o responsable da moción de censura presentada hoxe, por non ter dimitido cando llo solicitou a maioría da Corporación. Trigo recoñeceu a mala imaxe de moitas mocións de censura “por estar asociadas en ocasións á compra de vontades e a corrupción”. Indicou pola contra que "esta iniciativa fai-se con luz e taquígrafos". “Vostede sempre foi alcalde polos pelos” espetoulle Trigo a Galego.

O representante do Partido Popular indicou que a moción presentada esta mañá “é a resposta á censura do 6 de abril de 2018, porque vostede nos tres anos da alcaldía só deu asfaltado o camiño de Lubián e outras dúas pequenas obras. O goberno do Partido Popular investiu mais de un millón e medio de euros e con débeda cero", indicou Gumersindo Galego quen tamén destacou o aforro logrado tras ganar varios xuízos contra a empresa concesionaria do subministro de augas Viaqua. “Vai ser vostede o alcalde que non nos avergoñe?” preguntoulle Galego a Trigo. Acusou ao BNG de aproveitarse de quen cualificou como “tres recen chegadas ao PSOE”. “Se con estes vimbios vai facer un novo goberno, deséxolle sorte” indicou Gumersindo Galego. “Non merece o pobo de Fene ter a semellante personaxe de alcalde” retrucou Trigo.

“Tuve un accidente en una obra porque soy aparejador y doy clase de riesgos laborales, enseñando a mis alumnos lo que me pasó”  apuntou a representante do PSOE Mar Piñeiro en resposta á acusación de ter recibido unha condena xudicial. “Somos tres, pedimos desculpas pola ausencia por enfermidade de Marta Pereiro” indicou a voceira socialista.  “Míreme á cara, respecte a toda a cidadanía pero lávese a boca para falar da miña vida privada”. “Cando cheguei aquí non tiña ningunha condena pendente, pero vostede só fai tirar merda nas vidas privadas” respostou Mar Piñeiro.

A voceira de Esquerda Unida Mari Carmen Martínez reiterou o seu apoio á moción de censura preguntando polos cartos da Feira Mariñeira e do último outlet celebrado en Fene. Indicou que a finais do ano pasado a débeda municipal superaba o millón de euros.

En nome do Partido Popular Rocío Bértoa solicitou a Juventino Trigo que faga público o acordo programático e de distribución de competencias de goberno entre o BNG, Esquerda Unida e as concelleiras que respaldan a iniciativa. “A vostede oito veces os xulgados dixéronlle que dous edís non eran tránsfugas e vostede non fixo caso, houbo que botalo da alcaldía con auga quente” indicou Bértoa. "Trigo presentouse tres veces ás eleccións e nunca foi o mais votado", manifestou o representante do PP. “Ímonos coa conciencia tranquila, coa cabeza alta e desexámoslle sorte porque será a sorte de todos” concluíu Bértoa.

Moita expectación

O público encheu o salón de plenos xa un cuarto de hora antes do inicio da sesión. O responsable local do PSdG Juan Carlos Romero entregou onte á secretaria municipal un escrito comunicando o cese da voceira municipal Mar Piñeiro. A asesora legal da Corporación precisou que quen debe elixir e cesar á voceira é a maioría do grupo municipal. Polo tanto continuou desempeñando o papel de voceira Mar Piñeiro. A executiva e a asemblea local do PSdG PSOE tíñalle solicitado a retirada do apoio á moción, reclamandolle coñecer o acordo ao que chegara para respaldar a iniciativa.

A Corporación de Fene fórmana 6 concelleiros do BNG, 6 do PP, 4 do PSOE e 1 de Esquerda Unida.

Institucional

Comentarios

Cialis Cuanto Tomar [url=http://apcialisle.com/#]Buy Cialis[/url] Cialis Was Beachten <a href=http://apcialisle.com/#>Cialis</a> accutane tablets buy
Nome: 
DenbupDS

Buy 5mg Propecia In The Uk [url=https://apcialisle.com/#]buy cialis[/url] Cialis Best Supply For Uk <a href=https://apcialisle.com/#>buy cialis online</a> Viagra Nebenwirkungen 100
Nome: 
DenbupDS

Publica o teu comentario agora