O naufraxio do City of Agra

II City of Agra 123 anos na memoria
13 de Febreiro, 2020 - 08:34 h. | Publicada por Radio Fene

O II City of Agra. 123 anos na memoria celébrase o 22, 23 e 24 de maio nas vilas de Camelle e Arou. Constará dunha gran exposición sobre o naufraxio deste buque mixto británico, un roteiro animado que percorrerá todo o litoral comprendido entre Arou e Camelle, recreacións históricas e unha homenaxe aos náufragos da Costa da Morte. Unha carpa acollerá unha Feira Mariñeira.

O vindeiro sábado 15 de febreiro, ás 19:00 horas, a A.C. Naufraxios Galegos, presenta no local de Cántigas da Terra o meirande programa cultural dedicado a un naufraxio, na Galiza: City of Agra. 123 anos na memoria, que terá lugar o 22, 23 e 24 de maio nas vilas de Camelle e Arou, tendo entre as súas actividades principais, a inauguración dunha gran exposición sobre o naufraxio deste buque mixto británico, un roteiro animado que percorrerá todo o litoral comprendido entre Arou e Camelle, varias recreacións históricas, entre elas, a arribada dos náufragos ao porto de Camelle que transcorre de noite nun ambiente moi emotivo e unha homenaxe aos náufragos da Costa da Morte entre outras. Os tres días que dure o evento cultural, haberá unha carpa a carón do Museo de Man que acollerá unha Feira Mariñeira con postos de excelentes artesáns e artistas, tanto locais como da provincia, así como recreacións dunha palillada, do desmalle da sardiña e unha foliada.

A presentación inaugural desta II edición dos actos conmemorativos do naufraxio do City of Agra, tivo lugar no salón de actos do Museo de Man, en Camelle, o pasado 16 de novembro, enmarcado dentro da Semana dos Naufraxios que organizou o Concello de Camariñas. No acto da presentación deste sábado no barrio de Monte Alto, non se deixou nada ao azar. Unha boa representación de membros da A.C. Naufraxios Galegos, acudirán vestidos de época e a súa posta en escena farase cun atrezzo especial elixido para a ocasión, para nós lembrar nun acto ateigado de simbolismo a propia crónica e a traxedia humana que supuxo o naufraxio do City of Agra na costa de Arou, cando pasaban exactamente 12 minutos da medianoite do 3 de febreiro do 1897. Tres días despois chegarían á cidade de A Coruña, trinta superviventes a bordo do vapor, Pepe, da Compañía de Salvamento Barbeito; Rodríguez, sendo aloxada a oficialidade que era británica, na Casa Cosme, na rúa Nova, e a maioría que eran de procedencia hindú, na Casa Diego, na zona de Santa Catalina.

Tralo acto que se fará na cidade herculina, a A.C. Naufraxios Galegos, presentará e divulgará por terceira vez, a II edición do seu gran evento cultural, na XXX edición da Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebrará do 8 ao 12 de abril, evento multitudinario e de relevancia internacional, onde estará dita asociación presente cun espazo propio, todos os días que dure a propia mostra.
(imaxe da I edición do City of Agra)

Cultura

Comentarios

Vente Baclofen 25mg [url=https://apcialisle.com/#]Cialis[/url] Rulide <a href=https://apcialisle.com/#>generic cialis tadalafil</a> Cialis Frequenza Assunzione
Nome: 
LesEntedobt

Publica o teu comentario agora