O novo goberno bota a andar

O novo goberno bota a andar
20 de Febreiro, 2020 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

Fene divide en tres as adicacións parciais, entre o alcalde, Juventino Trigo, e as tenentes de alcalde, Mar Piñeiro e Sandra Permuy. Ninguén terá adicación exclusiva.

ESCOITA O PODCAST:

Prosperou por maioría o reparto de competencias e a asignación de adicacións no pleno celebrado onte a primeira hora da tarde en Fene. Quedou aprobado o organigrama municipal e serán tres as adicacións parciais; a do alcalde e da primeira e segunda tenentes de alcalde. Juventino Trigo percibirá 25.000€ anuais; Mar Piñeiro e Sandra Permuy percibirán 19.000 e 18.000 respectivamente. Estando dacordo co reparto que queran facer, a portavoz do PP, Rocío Bértoa, rogou ao alcalde que non diga na prensa que cobra menos que Gumersindo Galego e que explique que é así porque a súa dedicación ao concello é menor para conservar o seu traballo particular. “Cremos que Fene se merece un alcalde a tempo completo, ao 100%” suxeriu a voceira popular. Os populares protestaron tamén pola hora intempestiva da convocatoria do pleno ás 14.15h. No pleno unicamente interviron o alcalde e a portavoz do PP. Aínda non se incorporou a edil socialista , Marta Pereiro, á que a portavoz do PP lle desexou unha pronta recuperación.

Aprobouse o organigrama que xa se deu a coñecer dias atrás, segundo cal, Juventino Trigo encargarase exclusivamente da alcladía e Justo Ardá será o novo responsable de Cultura. Urbanismo pasa a mans de Manuel Polo que se encargará tamén da Facenda. Sandra Permuy ocuparase de Persoal, Participación cidadá e Seguridade. Angeles Coira será responsable de Educación e Xuventude, mentres que Cristina García Maroño se encargará de Formación e Emprego. A edil de EU, Mª Carmen Martínez vai ser a edil de Benestar e Igualdade. En relación aos cargos que ocuparán as tres edís socialistas; Mar Piñeiro será a responsable de Obras e Servizos; Ana Basoa, de Promoción Económica e Marta Pereiro de Medioambiente.

Non hai cambios nas asignacións ao conxunto dos edís pola asistencia a plenos e comisións. Por cada pleno ordinario, os 17 edís cobran 400 euros e 80 por cada pleno extraordinario. Os membros da Xunta de delegados _mensual- perciben 336 euros. 25 euros perciben polas reunións da Xunta de goberno local. A corporación fenesa aprobou manter os plenos ordinarios o primeiro xoves de mes, ás 18h a non ser o do mes de agosto que cadra co patrón e se celebrará pola mañá. Mantéñense as comisións informativas que engloban catro grandes áreas; Desenvolvemento Territorial e do Medio, Dinamización de emprego, Seguridade e Participación veciñal; Dinamización Económica e Dinamización Social e Transparencia.

Institucional

Comentarios

Compare Viagra Prices Walmart [url=https://apcialisle.com/#]Cialis[/url] Where To Buy Celebrex Online <a href=https://apcialisle.com/#>Cialis</a> Propecia Espana Medicamentos Genericos
Nome: 
LesEntedobt

Buy Amoxicillin Online [url=https://abcialisnews.com/#]Cialis[/url] Zithromax Doses <a href=https://abcialisnews.com/#>where can i buy cialis on line</a> Levitra 5 Mg Preis
Nome: 
MatprusiaDb

Publica o teu comentario agora