“A navallada ao galego para que desapareza”

Programa: 
Músicas e Letras

Co Decreto do Galego várrese dun plumazo a presenza da nosa lingua, o obxectivo principal do PpdeG asegurou Carlos Callón. A demanda dunha maior presenza do inglés “non é máis que unha pantalla para meterlle unha navallada ao galego para que éste desapareza”. O máis preocupante é na educación infantil onde se pode eliminar por completo impedindo que os pequenos e pequenas se formen no idioma propio. Tras a medida dos populares nin siquera fomentarase a publicación de libros en galego como se sinala no artigo 13.2 do decreto. No mesmo indícase que a Xunta subvencionará libros de texto en español e en inglés. “Un auténtico disparate “ cualificou Callón quen explicou que non se van quedar inmunes a esta situación. Así acudirán á xustiza nacional e internacional ao incumplirse o acordado no Estatuto de Autonomía,  nos tratados internacionais como a Carta Europea das Linguas e na Lei de Normalización Lingüística. “Nesta última sinálase que o proceso de galeguización ten que ser progresivo e este decreto é totalmente regresivo co que desobedecer o decreto é obedecer e respectar todas estas normas”.

Ante a reforma educativa máis rexeitada nun país democrático “Queremos Galego” fai un chamamento á mobilización dos cidadáns, docentes e mesmo aos votantes do PP ante o ambiente de crispación xeralizado. Levarán a cabo unha liña de actividades por todo o país a prol dunha iniciativa lexislativa para garantir os dereitos lingüísticos e acadar no ensino unha cuota de presenza do noso idioma como mínimo dun 50%.