“Afganistán: españoles en la ratonera” (Cuatro, 23.30 h.)

Programa: 
Televisión

Presenta o espazo Jon Sistiaga, un dos máis populares reporteiros de guerra, pero el é só a cara famosa para atraer o espectador. O mérito correspóndelle ao cámara Sergio Caro e máis ao reporteiro David Beriain, coñecido aquí por ser correspondente durante anos nos conflitos do Golfo para un xornal galego. Eles dous son os que xogaron a saúde convivindo cos talibáns, que semellan de todo menos hospitalarios. Entre estes soldados fanáticos e tamén entre a poboación civil tomaron imaxes e gravaron testemuños do que se ve ao outro lado da grosa capa de blindaxe dos carros militares aliados.

Non será o caso de que ninguén abrace a causa da resistencia militar radical en Afganistán, pero si servirá esta peza xornalística para coñecer algo mellor o que hai detrás do turbante e as súas motivacións. Agradezámosllo aos que aínda teiman en manter viva aquela figura romántica do xornalista de guerra. A reportaxe emítese en Cuatro ás once e media da noite.