“Cine: Ágora” (Telecinco, 22 h.)

Programa: 
Televisión
Algo así como o peplum máis caro endexamais concibido dende España, o filme conta a rebeldía da astrónoma Hipatia nun Exipto sometido ao Imperio Romano aló polo século IV. Muller de ciencia e razón abafada por un fanatismo relixioso crecente e unhas corruptelas políticas que lle exceden, Hipatia asistirá ao esmorecemento da Biblioteca de Alexandría e, dalgunha maneira, á condena dunha especie, a humana, que haberá de pasar séculos xirando arredor das mesmas leas e as mesmas guerras así como a Terra xira arredor do Sol. Unha interpretación singular e intimista das paixóns humanas combinada coa aparencia de ouropel dunha superprodución como “Cleopatra” é o que ofrece “Ágora”, que Telecinco estrea ás dez desta noite.