“Cine: Indiana Jones y la última cruzada” (Antena 3, 22 h.)

Programa: 
Televisión

Ou se cadra, nin sequera iso, logo de que o cuarto e, até o momento, último filme da saga estivese a piques de estragar todo o mítico legado dunha triloxía case sen parangón no cine de aventuras. Peneirada polo infantilismo preciso para captar a público de todas as idades, o explorador facendo de pai e cedendo o protagonismo á súa recentemente descuberta criatura era unha visión estremecedora para os que levaban 20 anos agardando por unha continuación da triloxía orixinal. Eses que á saída do cine pensamos que, ata que se demostre o contrario, o último filme de Indiana Jones segue sendo “La Última Cruzada”, na que Harrison Ford no papel principal se volve enfrontar aos nazis mentres, coa axuda de seu pai, interpretado por Sean Connery, anda á procura do Santo Graal. Non pensabamos que o cine de 1989 puidera ser clásico, pero as secuelas infames obrigan á súa consagración. Pódese comprobar ás dez da noite en Antena 3.