“Cine: Negociador” (Cuatro, 22:30 h.)

Programa: 
Televisión

“Negociador” é unha longametraxe estadounidense do ano 1998 que se apoia na fama e talento dos seus protagonistas principais, Samuel L. Jackson e Kevin Spacey. Nunha volta de torca á tradicional estrutura de “home perturbado faise cunha morea de reféns e negociador policial tenta que entre en razón mentres lle fala por un megáfono”, desta volta o presunto criminal é tamén un especialista da policía que se pon no papel do delincuente para tentar probar a súa inocencia nun caso que o incrimina. Os dous cerebros manipuladores xogan unha partida de xadrez mental a partir das dez e media da noite en Cuatro.