“Cine: World Trade Center” (La 1, 22 h.)

Programa: 
Televisión

“World Trade Center” glorifica a epopea de dous policías (dende o 11-S, nova figura do heroe americano) que tentan axudar ás vítimas da traxedia entre os cascallos do terror. Para darse conta do resultado do filme abonda con comparar as críticas estadounidenses e as da prensa europea. O espectador yanki gabou un “drama de ampla emoción” e un “conmovedor tributo” alí onde o escéptico do vello continente advertiu un relato inzado de “patriotismo indixesto” e “dirixido a lexitimar a posteriori a política vingativa de Bush”.

Televisión Española emite ás dez da noite en La 1 a achega de Oliver Stone á ferida que non pecha e ao día no que a inexpugnable superpotencia veu abrirse unha feda no soño americano.