“Comando Actualidad: Golpe de suerte” (La 1, 22:15 h.)

Programa: 
Televisión

A min, quen nin me vou examinar dunha oposición, nin estou a piques de ser pai, nin me concentrou un adestrador para xogar a final da Champions, a véspera do Sorteo da Lotaría resúltame unha das xornadas máis estimulantes do ano, cunha mestura entre a calma chicha e os nervios de quen sabe que a vida lle pode cambiar en poucas horas. Saber se muda para ben é o que queren descubrir os reporteiros de “Comando Actualidad”, que esta noite visitan a varios gañadores do Gordo para coñecer se o diñeiro lles permitiu tapar os buratos da economía doméstica que todo o mundo confesa, e se agora viven felices e alleos á crise. Eu, polo que puidera pasar, cando comece a emisión da peza “Golpe de suerte” ás dez e cuarto en La 1 de Televisión Española, vou meter o cava na neveira a arrefriar.