“Con Galicia, a tomatina de Bunyol”

Programa: 
Músicas e Letras

A familia de Xulián era de alambiqueiros. Facían o augardente, co bagazo, co resto prensado das uvas. É unha das tradicións do val das Ellas, que agora Carretero se empeña en recuperar.
Durante moitos séculos, as condicións de aillamento da zona permitiron o mantemento e vitalidade da fala, ao longo de nove séculos. Algúns estudosos califican a fala como “perla lingüística de importación medieval”. De todos os xeitos, o aillamento polítco e comunicacional, contrasta cun val moi rico, con moita auga, ben protexido dos ventos, cun clima moi beneficioso para as actividades agropecuarias e con abundancia de pedra, madeira e alimentos. Segundo Henrique Costas en “O valego”, o feito de que falar castelán se chame en valverdeiro “falar carabineiru”, indica a identificación da lingua foránea cos elementos que temporalmente a usaban no val: carabineiros, eclesiásticos e administrativos.