“Cuéntame cómo pasó” (La 1, 22:15 horas)

Programa: 
Televisión

En marzo de 1980 o divulgador ambientalista Félix Rodríguez de la Fuente morría en Alaska mentres gravaba unha das súas pezas documentais. Non é mellor unha cousa que a outra, pero o certo é que no corazón dos nenos daquel tempo, o lugar que hoxe ocupa Cristiano Ronaldo ocupábao ese señor fanático do lince. A nós distínguesenos porque nos levamos brillante na orella. Cando Félix morreu eu aínda non tiña moita facilidade de palabra para manifestar o meu pesar, pero si lembro a música desacougante de “El hombre y la tierra” converténdose case nunha sintonía fúnebre. Hoxe María Alcántara vivirá o trauma que vivín eu tanto outros nenos de finais dos setenta, porque a morte do amigo dos animais sacudiu corazóns dos espectadores como ningunha outra cousa até que Sabrina sacou a teta a paseo. “Cuéntame cómo pasó” emítese en La 1 ás dez e cuarto da noite.