“Días de cine” (La 2, 23:40 h.)

Programa: 
Televisión

O cine comercialmente existe cada venres, cando se producen as estreas nas salas, e de cando en vez, cando teñen lugar estas festas de xente guapa e discursos máis ou menos ocorrentes que son os moitos festivais e certames cinematográficos. Nunca veremos tantas fitas como das que oímos falar, pero aínda así queremos saber quen gaña a Espiga, a Palma, o Oscar e tamén o Oso de Berlín, que é ao que se vai dedicar esta edición de “Días de Cine”, un dos programas máis veteranos de Televisión Española e que sobrevive con dignidade malia á marcha, hai tempo xa, do carismático Antonio Gasset. Quen lle dera aos alemáns unha telenovela como a da industria cinematográfica española. As últimas novas sobre a Berlinale emítense ás doce menos vinte da noite en La 2.