“El líder de la manada” (Cuatro, 21:30 h.)

Programa: 
Televisión

Mais desta volta o profeta ladrador non volve disposto a ensinar, senón a concienciar. O home que murmuraba aos rottweilers comeza en España unha cruzada global para loitar contra o abandono de mascotas e a prol da adopción de cans sen amo que os queira. Millán axudará a rehabilitar aos animais que pasaron por experiencias traumáticas e logo acompañaraos ata famosos dispostos a acollelos, que no programa desta noite serán a cantante Angy e a baronesa Thyssen. “El líder de la manada”, o outro alcume que nos restaba por citar é precisamente o título do novo show de bo corazón que Cuatro estrea ás nove e media da noite.