“El Número Uno” (Antena 3, 22:30 h.)

Programa: 
Televisión

O salto do karaoke aos concursos de talentos da televisión é demasiado grandilocuente. Para nove de cada dez participantes, pensar no título “Operación Triunfo” debe provocar un sorriso amargo. Hai que celebrar que moitos deles foron quen de redimensionar o que o triunfo é: non sempre un contrato con Sony ou Vale Music por cifras millonarias, pero si a posibilidade de subir a un escenario con certa frecuencia e gozar de aplausos sinceros. A mesma esaxeración repítese en “El Número Uno”, que como frase feita está moi ben, pero postos a figurar nunha lista de éxitos musicais, o número 14 ou o 27 non resultan tampouco moco de pavo. O único número sobre o que non hai nada que discutir é o 100.000, que en forma de euros levará o vencedor do programa de Antena 3 que celebra hoxe a súa final. Roko, Garson, Jadel e Hermi non son un escuadrón de naves rebeldes na loita contra Darth Vader, senón os alcumes artísticos dos catro cantantes que resistiron o escrutinio de público e xurado no show presentado por Paula Vázquez. A partir das 22:30 horas compiten por facerse cun latexo das beliebers